Limpan o cauce do río Morto na Pobra

Traballos de limpeza no cauce do río Morto.

Traballos de limpeza no cauce do río Morto. / Concello de A Pobra

O Concello da Pobra acometeu tarefas de conservación no río Morto para eliminar vexetación e sedimentos que dificultan o paso da auga. Trátase dunha intervención necesaria para garantir a seguridade das casas da zona da Devesa, evitando así asolagamentos polo incremento do caudal en episodios de fortes choivas. O investimento ascendeu a 22.000 euros.

TEMAS