Os Reis máis solidarios achéganse ao rural da comarca durante a xornada deste venres

Percorrerán todas as parroquias de Rois, Oroso ou Trazo e tamén van visitar a Estación de Vedra con moteiros

En Negreira houbo recollida de regalos para que as familias sen medios poidan celebrar esta xornada

Os Reis Magos á espera de chegar á alameda xalleira tras percorrer o rural

Os Reis Magos á espera de chegar á alameda xalleira tras percorrer o rural / Concello

As Súas Maxestades, os Reis de Oriente, chegan este venres á comarca compostelá cargados de regalos. E como os concellos están cheos de pequenas aldeas, decidiron en moitos deles estender a cabalgatas ás parroquia para levar a ilusión a todos.

Así, estarán este venres no rural de Rois, comezando ás 10.45 horas no campo da festa de Rois e seguindo ás 11.30 no de︎ Buxán; a mediodía no de Leroño; ás 12.30 no de Augasantas; ás 15.00 no local social do Codeso (Ermedelo); ás 15.45 no de Urdilde; ás 16.30 horas no de Costa; ás 17.15 h. no de Herbogo; 17.45 no campo da festa de San Lourenzo (Seira); ás 18.15 h. no de Sorribas; ás 18.45 no de︎ Ribasar e ás 19.30 horas farán unha ofrenda na igrexa de Oín, sen esquecer a festa que comezará no pavillón con música, xogos e talleres a partir das 18.30 horas.

Algo semellante pasará en Oroso, onde hoxe comezarán a levar ilusión hoxe polo local social de Marzoa ás 09.30 horas, para seguir polo Bar Carnota (Os Ánxeles, Calvente, Pasarelos) ás 10.00 horas; o local social de Senra (10.30 horas); local social de Cardama (11.00 horas); Campo de golf de Porto Avieira (A Gándara) 11.30 horas; Bar Fernández (San Tomé) 12.00 horas; local social de Oroso, 12.30 horas; local social de Deixebre (13.00 horas); local social de Trasmonte (13.30 horas) e a cantina de Oroso (A Estación), 14.00 horas. Pola tarde, Gran Cabalgata de Reis por Sigüeiro saíndo as 18.00 h. da rúa do Portiño para finalizar na Alameda de Góis. Pero tamén farán percorrido por Trazo, comezando polo local social de Morlán ás 09.30 horas para achegarse a todas as parroquias e rematar ás 17.30 con festa no pavillón. En Vedra estarán ás 17.00 h. na Nave da Estación de Santa Cruz cos Moteiros do Val do Ulla e dar entrada á festa con Paco Nogueiras.

Mar García, izquierda, Ángel Leis, Teresa Duro y Laura Platas con los regalos solidarios de Negreira

Mar García, izquierda, Ángel Leis, Teresa Duro y Laura Platas con los regalos solidarios de Negreira / Concello

En Negreira, e despois da gran festa infantil no pavillón do CEIP O Coto, os Reis teñen previsto percorrer a vila dende o campo da feira ás 17.00 horas. Previamente, o rexedor quiso agradecer as doazóns de 40 regalos na campaña do Voluntariado Por un Nadal sen diferenzas. En Santa Comba, os Reis chegarán ás 19.00 horas á alameda, e na Baña presidirán unha tarde de ocio no pavillón de San Vicenzo dende as 17.00 h., cun show de linguaxe clown, rosca e inchables. E pra rematar, Os Magos visitarán o pavillón de Dodro e a súa festa tamén hoxe, a partir das 17.30 horas.