Os carballeses reciclaron o pasado ano máis de oitenta e dúas toneladas de roupa
Fixérono a través dos contedores da Fundación Humana
Carballo dispón dun colector de téxtil por cada mil habitantes
A veciñanza de Carballo reciclou o pasado ano 82.486 quilos de roupa, que equivalen a 334.000 prendas, algo máis de dez por persoa. Fixérono a través dos contedores da Fundación Humana.
Desde que empezou a recollida selectiva, no 2016, os carballeses depositaron 629.483 quilos de roupa e calzado nos contedores específicos, é dicir, dous millóns e medio de prendas, que doutro xeito acabarían na incineradora de Sogama. Nestes momentos, Carballo conta con 34 puntos de recollida de téxtil,15 deles na zona rural. Dispón dun contedor por cada 1.000 habitantes, mentres que a media española é de un por cada 5.000. Os máis utilizados son os situados na rúa Perú, xunto ao Centro Comercial Bergantiños; na avenida do Ambulatorio e na rúa Eduardo Pondal.
Premian ao Concello de Carballo como a mellor entidade pública galega en xestión deportiva de 2023
Nos colectores de Humana pódese depositar roupa, calzado, complementos e téxtil de fogar.
Temas
Más en Área
-
Ames es el municipio que más jóvenes sumó en la provincia en los últimos veinticinco años, con un total de 4.304 vecinos
-
Diecisiete mayores de Boqueixón avanzan en el curso dedicado a la tecnología y su uso práctico en su día a día
-
Vila de Cruces destina 4,5 millones a su Servizo de Axuda no Fogar por tres años, ampliables a cinco
-
El Pazo da Peregrina de Ames acoge la cena benéfica que busca mejorar la investigación y atención a enfermos pediátricos