Os carballeses reciclaron o pasado ano máis de oitenta e dúas toneladas de roupa
Fixérono a través dos contedores da Fundación Humana
Carballo dispón dun colector de téxtil por cada mil habitantes
J. M. Ramos
A veciñanza de Carballo reciclou o pasado ano 82.486 quilos de roupa, que equivalen a 334.000 prendas, algo máis de dez por persoa. Fixérono a través dos contedores da Fundación Humana.
Desde que empezou a recollida selectiva, no 2016, os carballeses depositaron 629.483 quilos de roupa e calzado nos contedores específicos, é dicir, dous millóns e medio de prendas, que doutro xeito acabarían na incineradora de Sogama. Nestes momentos, Carballo conta con 34 puntos de recollida de téxtil, 15 deles na zona rural. Dispón dun contedor por cada 1.000 habitantes, mentres que a media española é de un por cada 5.000. Os máis utilizados son os situados na rúa Perú, xunto ao Centro Comercial Bergantiños; na avenida do Ambulatorio e na rúa Eduardo Pondal.
Nos colectores de Humana pódese depositar roupa, calzado, complementos e téxtil de fogar.
- “A nivel salarial non está en absoluto recoñecido o labor que fan os alcaldes”
- Ames executa obras por valor de 2,76 millóns en Bertamiráns, Milladoiro e núcleos rurais
- O PP de Teo aproba delegar na Xunta o reforzo policial, pero rexeita a moción contra Altri no Ulla
- Ordes enxalza os champiñóns e A Estrada acolle as actividades do Día da Xuventude
- Maio Vintage: Boiro revive os anos oitenta cun mercado retro
- El 'hotel rosa' de Vedra, entre los diez mejores alojamientos de España para la Guía Michelín
- Boiro celebra o Día da Danza cun espectáculo protagonizado por cincuenta bailarinas de ballet
- Incautan 244 quilogramos de peixe que excedían o cupo diario dunha embarcación de Porto do Son