A igrexa de Laxe ilustrará os décimos do sorteo do 29 febreiro da Lotería Nacional
É a primeira vez que un monumento do municipio aparece nos décimos
A Sociedade Estatal Loterías y Apuestas del Estado dedicaralle un décimo da lotería á igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe, que foi declarada como Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia en xaneiro de 2021. Unha decisión que vén a dar resposta á petición feita pola concellería de Turismo, Comercio, Hostalaría e Cultura do Concello laxense, que preside Raquel Lema.
A administración local xa recibiu a confirmación de que a súa petición verase cumprida no sorteo número 17/24, do xoves 29 de febreiro. Os décimos da referida data terán como imaxe principal a do templo parroquial laxense. Esta é a primeira vez que un monumento deste Concello vai aparecer nun décimo da Lotería Nacional, “o que supón unha gran promoción turística do noso destino a nivel nacional. Trátase dun fito moi importante na promoción turística dos nosos recursos, que agardamos que se poida repetir”, subliñan dende o goberno local laxense.
Laxe convértese en escenario para a rodaxe dun spot publicitario para promocionar as motos de trial
“Queremos agradecer á Sociedade Estatal Loterías y Apuestas del Estado o seu interese e apoio a esta iniciativa. Desexamos tamén moita sorte a todas aquelas persoas que merquen este décimo coa imaxe dun dos valores patrimoniais do noso municipio”, engaden.
Temas
Más en Área
-
Ames declara la guerra a una polilla del boj que vuelve para arruinar los jardines de A Peregrina
-
Gusanos planos, babosas gigantes... Estas son las ocho especies marinas descubiertas en la ría de Arousa
-
Educación sustituirá la cubierta del CEIP Ortigueira de Vedra y en Santa Comba exigen plazos para la reforma integral del Barrié
-
Brión será sede del II Congreso Aberto de Toque Manual de Campás el próximo 15 de junio