Un cuarto de século velando polo patrimonio de Bergantiños
O Instituto de Estudos comarcal conmemora os vinte e cinco anos de actividade cun ciclo de conferencias sobre xeografía, historia e cultura no Casino de Carballo
No seu haber destacan premios, libros, charlas e viaxes culturais
O Instituto de Estudos Bergantiños (IEB) suma xa vinte e cinco anos de actividades orientadas a coñecer, difundir e defender o patrimonio da comarca. Integrado por escritores, historiadores, profesores e, sobre todo, amantes da bisbarra bergantiñana, o colectivo iniciou a súa andadura en decembro de 1998 e naceu coa intención de “recoller, estudar e dar a coñecer a historia, xeografía, etnografía, socioloxía, lingua, arte e cultura de Bergantiños, ademais de promover a investigación e as publicacións sobre a comarca”, afirma o seu presidente, Xan Fernández Carrera.
Nos seus inicios puxeron en marcha actividades como o Premio de Estudos Bergantiñáns para fomentar os traballos de investigación sobre a comarca, que complementaron cun programa de visitas pola comarca denominado Andando por Bergantiños, que manteñen activo.
Froito desta iniciativa e das investigacións realizadas publicaron 19 cadernos que recollen información de 40 parroquias, as cales percorreron a pé para coñecer de preto os lugares de maior interese.
Localizan sin vida a un octogenario de Ponteceso que había desaparecido el jueves por la tarde
A partir do ano 2004 ampliaron horizontes creando o programa Andando por Galicia “coa intención de coñecer aqueles lugares da comunidade galegaque conservan un maior patrimonio natural e histórico”, subliña Fernández Carrera. Neste tempo visitaron 24 vilas históricas galegas e as 7 cidades. Nese afán de ampliar coñecementos, en 2012 impulsaron Andando por fóra de Galicia, para coñecer as cidades e espazos naturais e históricos máis próximos a Galicia. Unha iniciativa que levou aos seus membros ata trece espazos históricos do norte de Portugal, o Principado de Asturias e a Comunidade de Castela e León.
No seu haber ao longo deste cuarto de século destacan tamén os libros O río Anllóns, arteria principal de Bergantiños (2020), O Chan da Embarrada, conxunto megalítico en Ferreira-Coristanco (2021) e Monte Neme, o Olimpo bergantiñán (2023).
Conferencias, mesas redondas, a creación dunha páxina web e a homenaxe a Xosé Pumar Gándara, primeiro presidente e un dos impulsores do Instituto de Estudos Bergantiños, son outros dos fitos destacados neste cuarto de século de vida.
Carballo activa un Club de Lectura en Galego na biblioteca da rúa San Xoán
Territorio e paisaxe
Para conmemorar os 25 anos de traxectoria, o colectivo organizará un ciclo de conferencias no Casino de Carballo sobre aspectos xeográficos, históricos e culturais da comarca. Comeza o venres, día 9, coa conferencia Territorio e paisaxe de Bergantiños, a cargo do xeógrafo Augusto Pérez Alberti, e continuará o día 23 coa ponencia Potencial arqueolóxico de Bergantiños, a cargo da arqueóloga Puri Soto.
Xa en marzo, o día 8, o historiador Luis A. Giadás Álvarez disertará sobre A cabeza do lobo. Os Moscoso en Bergantiños, e o día 21 será o turno do mestre e filólogo Fernando Cabeza Quiles, quen porá luz á Toponimia bergantiñá. Pechará o ciclo o historiador Xan Fraga Rodríguez, o día 5 de abril, coa conferencia Historia da vila de Carballo. Todas as charlas comezarán ás 20.00 horas, e para o seu desenvolvemento o Instituto de Estudos Bergantiños conta coa colaboración do Espazo Casino 1889 e do Concello de Carballo.
Temas
Más en Área
-
Practicarán la autopsia al ciclista sexagenario fallecido en la localidad lalinesa de Gresande este domingo
-
Los Bombeiros de Santa Comba sofocan el incendio sin víctimas declarado en un turismo en la localidad negreiresa de Bugallido
-
Especialistas en acrobacias a motor llenarán de adrenalina la Semana Verde de este año
-
O Punto de Intervención de Íntegro presta apoio a 68 mulleres do rural de Costa da Morte con diversidade