Simposio tributo para o catedrático negreirés Pensado, autoridade mundial no Pai Sarmiento
Celebrarase entre a capital de Galicia e Negreira o vindeiro día 15 co pulo do Centro Ramón Piñeiro e o Concello
Disertarán dende Henrique Monteagudo a Alonso Montero ou Amancio Liñares, e inclúe a descuberta dunha placa
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e mailo Concello de Negreira homenaxearán a Xosé Luís Pensado Tomé –Negreira, 6-2-1924, Salamanca, 15-12-2000 – cun simposio de conferencias dedicado á vida e obra deste catedrático de Filoloxía Románica e de Filoloxía Galaico-Portuguesa nas Universidades de Oviedo e de Salamanca, autoridade mundial ademais na figura do crego erudito Pai Sarmiento.
Fernández Davila gaña o premio Xosé Manuel López Ardeiro de poesía en Negreira
As xornadas arrincarán o día 15 ás 10.00 horas coa charla A contribución de Xosé Luís Pensado ao coñecemento do Padre Sarmiento, por Henrique Monteagudo, para seguir ás 11.00 con Unha visión de Pensado na Universidade de Salamanca, a cargo de Alexandre Guerra. Ás 12.15 h., Ramón Lorenzo disertará sobre X. L. Pensado e as súas ideas sobre a gueada, e ás 13.00 horas, turno para as verbas A obra de Xosé Luís Pensado Tomé (1924-2000), na constitución da lingüística galega moderna: datos, reflexións e lembranzas, de Xesús Alonso Montero. Xa ás 17.45 horas, no auditorio da casa da cultura de Negreira, Amancio Liñares titulará a súa charla No centenario do nacemento de Xosé Luís Pensado Tomé, para seguir coa de Xosé Luis Axeitos D. Xosé Luís Pensado Tomé: Galicia desde Salamanca e rematar coa descuberta dunha placa na rúa do Carme (20.00 h.).
Temas
Más en Área
-
Ames declara la guerra a una polilla del boj que vuelve para arruinar los jardines de A Peregrina
-
Gusanos planos, babosas gigantes... Estas son las ocho especies marinas descubiertas en la ría de Arousa
-
Educación sustituirá la cubierta del CEIP Ortigueira de Vedra y en Santa Comba exigen plazos para la reforma integral del Barrié
-
Brión será sede del II Congreso Aberto de Toque Manual de Campás el próximo 15 de junio