Apoio da Xunta para velar polo valioso patrimonio educativo da Fundación Fernando Blanco de Cee
A Consellería de Cultura achega preto de 50.000 euros para mellorar e manter o museo
J. M. Ramos
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, e a presidenta da Fundación Fernando Blanco de Lema, Eva García Caamaño, asinaron este luns senllos convenios de colaboración para mellorar e manter as instalacións do Museo Fernando Blanco, de Cee. Á sinatura asistiu tamén o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.
Cunha achega próxima aos 50.000€, o departamento de Cultura da Xunta de Galicia colaborará cos gastos de xestión desta institución cultural e sufragará as obras de mantemento necesarias. En concreto, a actuación inclúe limpeza de cuberta, substitución de pezas rotas e selado de patio de luces, impermeabilización interior, limpeza de canlóns, vernizado exterior, fachadas interiores e parámetros interiores.
A Fundación centra os seus esforzos na posta en valor da figura de Fernando Blanco de Lema e a promoción educativa e cultural da vila de Cee e da súa bisbarra, a través dos dous edificios que posúe na vila: o actual Instituto IES Fernando Blanco de Lema e a antiga Escola de Nenas, actualmente Museo Fernando Blanco.
Un pasado educativo único
Tal e como destacou Román Rodríguez, “este museo pon en valor o pobo de Cee como herdeiro dun pasado educativo único no rural, cunha etapa de esplendor a finais do século XIX e primeira metade do século XX, coincidindo precisamente coa fundación do Instituto Fernando Blanco”. “Neste sentido, a colaboración que hoxe subscribimos ten como obxectivo salvagardar non só o antigo edificio da Escola de Nenas, senón un valiosísimo patrimonio educativo”, salientou.
A colección que alberga o Museo está formada na súa maior parte polo instrumental científico e o material didáctico das antigas cátedras, laboratorio e gabinetes do vello Instituto-Escola de Cee, de finais do século XIX, entre os que se atopan medidores de diversas magnitudes, aparellos de mecánica, acústica, óptica, etc. Cabe salientar tamén as coleccións de animais, minerais e fósiles.
Xunto a este material, a colección complétase co material didáctico doutras materias incorporadas ao centro ao longo da súa historia, coa documentación histórico-educativa e con fondos artísticos e pictóricos, entre os que se atopan as obras pictóricas de Federico Madrazo, gravados da Calcografía Nacional e unha colección de ourivería relixiosa.
O Museo Fernando Blanco tamén destaca o labor deste concello no aproveitamento integral do seu patrimonio histórico e como centro de dinamización cultural da comarca.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Un rincón propio de Asia que se esconde en Galicia: tiene un puente colgante y está a menos de una hora de Santiago
- Una estadounidense conduciendo por A Illa de Arousa se queja de algo muy común en toda Galicia: '¿Cómo lo hacen?
- ¿Hasta cuándo van a durar los efectos de la borrasca que afecta a Galicia desde el lunes?
- Estrella Galicia lanza la canción del verano: así suena el tema compuesto por un popular artista compostelano
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- Una empresa de Noia transporta un rinoceronte indio desde Polonia hasta Córdoba
- La cifra de alumnos y personal del colegio de Ventín con cuadro de diarrea roza los 60 y la Xunta tomó ya muestras de la comida