Máis de cen escolares de Ames desfrutan da Primavera Lúdica
O programa inclúe os servizos Bos días e comedor
As actividades céntranse no mundo das abellas
Un total de 105 nenas e nenos participan desde o luns na Primavera Lúdica de Ames, que se desenvolve nos colexios da Maía e Ventín para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares de Semana Santa. As actividades, impartidas de 07.30 a 16.00 horas, inclúen os servizos de Bos días e comedor, e terán continuidade ata o luns.
Baixo o lema Aventuras zumbantes!, o programa deste ano céntrase nas abellas e no fundamental labor que realizan para a conservación da biodiversidade e o equilibrio do medio natural. Os pequenos participan en xogos de preguntas, nunha xincana e tamén en dinámicas sobre a diversidade e a súa importancia social.
Un Club de mocidade abordará el ocio de los jóvenes de 13 a 25 años con diversidad en Ames
A concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, achegouse ata o CEIP da Maía e subliñou que “estes programas sonun dos sinais de identidade do Concello de Ames e resultan fundamentais para conciliar. Permiten a creación de vínculos entre nenos e nenas de distintos cursos, nos que se fomenta que se axuden uns aos outros”.
Temas
Más en Área
-
Camariñas auxilia o marisqueo con 3.000 euros para semente
-
Sostenibilidad, solidaridad y economía circular avalan los 35 años de la compañía Cafés Lúa
-
A Laracha demanda a mellora de tres estradas da Deputación
-
Remolcado un pesquero de Muros con siete tripulantes a la deriva a seis millas de Fisterra