Mar de Fábula constata que a praia de Barrañán non acada o Bo Estado Ambiental
Despois dunha xornada de limpeza recolleron máis de 44 residuos por cada 100 metros de areal
O umbral establecido polos expertos da Unión Europea sitúase en 20
Dezaoito persoas voluntarias, entre elas o equipo da escola infantil O Berce, de Arteixo, sumáronse ao chamamento do colectivo Mar de Fábula para apañar a colleita de lixo mariño que os mares de inverno deixaron na praia de Barrañán. Unha acción ambiental que está subvencionada pola Deputación da Coruña.
Despois de dúas horas de limpieza, nos sacos de recollida había bastonciños de algodón (178), anacos de madeira procesada (15), frascos de medicamentos (6), tubos de crema facial (5), cordas e cordeis (95), anacos de redes e aparellos de pesca (62), tapóns plásticos de botellas (24), paos plásticos das bateas (11), anacos de plástico ríxido (56), botellas de vidro (2), e cabichas (34), entre outros residuos, como centos de anaquiños de porexpan e plásticos miudos.
Mar de Fábula y otras 115 entidades exigen implantar el sistema de depósito de envases
Virginia Barros, presidenta do colectivo ambiental con sede en Camelle (Camariñas), agradece a colaboración dos voluntarios e fai un chamamento á reflexión. Asegura que os expertos da Unión Europea na Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño, de cara a conseguir un Bo Estado Ambiental (BEA) para as praias europeas, teñen fixado un valor de umbral de 20 residuos (>2,5cm) por cada 100 metros lineais de praia, "e en Barrañán teríamos unha proporción de 44,36, polo que o resultado é o dobre do límite fixado pola Unión Europea".
Temas
Más en Área
-
La Guardia Civil investiga a dos personas sorprendidas mientras transportaban 100 gramos de cocaína en Caldas de Reis
-
Herido un vecino de Carnota tras caerle un pino encima de las piernas
-
Erimsa solicita expandir sus concesiones mineras por la comarca ordense y la Canteira da Mina en Santa Comba
-
El Supremo confirma la inhabilitación del exalcalde de Coristanco por prevaricación