Síguenos en redes sociales:

Organizan en Corcubión unha sesión colectiva de escoita do ‘coro de mencer’ dos paxaros

Organizan en Corcubión unha sesión colectiva de escoita do ‘coro de mencer’ dos paxarosCedida

A Asociación Boca de Sapo, a Cooperativa Azul mais Verde, a A.C. Universidade Cromática das Virtudes e a Fundación Daniel y Nina Carasso desenvolven o proxecto Terra Creativa para afondar no valor do monte autóctono. Organizaron para o domingo 14 ás 09.30 no Círculo Recreativo de Monte Cambeiro (Corcubión) unha sesión colectiva de escoita de paxaros. Trátase do fenómeno coñecido como coro do mencer: canto conxunto de paxaros ao abrir o día para atraer á parella ou chamar á bandada.

Pulsa para ver más contenido para ti