Boqueixón instala dous puntos de recollida de roupa para Cáritas en Sergude e Lestedo
Estes contedores de recollida son o primeiro elo da cadea do proxecto téxtil de Cáritas Diocesana
O Concello de Boqueixón e Cáritas Diocesana de Santiago veñen de asinar un convenio de colaboración que permitiu a instalación de dous puntos de recollida de roupa, calzado e complementos nas localidades de Sergude e de Lestedo. Uns contedores que foron instalados na xornada deste mércores en Sergude, a carón da Taberna de San Benito, e en Lestedo, na contorna do súper Eroski.
Cáritas Diocesana de Santiago será quen se encargue do mantemento dos contedores e da recollida periódica das doazóns que fagan os veciños e veciñas de Boqueixón. Unhas doazóns que poden consistir en roupa, calzado ou complementos e que deberán depositarse no contedor en bolsas pechadas.
Estes contedores de recollida son o primeiro elo da cadea do proxecto téxtil de Cáritas Diocesana. Un material que é enviado a unha planta de tratamento, que o cualifica de acordo ao seu estado de conservación. Así, a roupa en bo estado é hixienizada e vendida en tendas propias de segunda man ou entregada de balde a quen a necesite. A roupa que poida usarse, pero careza da calidade precisa para ser vendida, é levada a proxectos sociais de Cáritas fóra de España. O resto recíclase, e un 2% vai para valorización enerxética.
Temas
Más en Área
-
De Madrid a la provincia de A Coruña para perpetrar robos con fuerza en viviendas de Melide y Carballo
-
De Madrid a la provincia de A Coruña para perpetrar robos con fuerza en viviendas de Melide y Carballo
-
Interceptan en Rois un camionero que carecía de permiso de conducir y dio positivo por cocaína
-
"Vívese mellor no Milladoiro ou en Bertamiráns que en Santiago"