Más dun cento de persoas acudiron ao XIV Seminario de saúde da Casa do Patrón en Lalín
Percorreron a ruta de sendeirismo de catro quilómetros do castro estudando as plantas
Disertaron Rafael Quintía, Pilar Silva e Unai García, e premiouse a Dioselina Duque
Máis dun cento de persoas asistiron ás sesións matutina e vespertina do XIV Seminario de saúde, benestar social e vida natural na Casa do Patrón de Codeseda, en Lalín, este sábado.
Deste xeito, percorreron uns 4 quilómetros da ruta de sendeirismo do Castro de Doade (PR-G210), estudando as prantas mediciñais e os puntos e datos relevantes abeiro das explicacións do antropólogo Rafael Quintía e da especialista sociosanitaria Pilar Silva, durante catro horas. Posteriormente, xa pola tarde, chegaron as conferencias de Unai García, fisioterapeuta especializado en musculoesquelética e membro do equipo do programa europeo da USC Cerebro e Dor, sobre o estudo das causas da dor, o seu proceso e tratamento.
La mámoa de Doade divulga sus tesoros: un ídolo femenino, restos de cerámica y camino ancestral
A continuación, Pilar Silva, disertou sobre a necesidade, o xeito e a utilidade dos coidados na casa, tan necesarios nunha das poboacións máis lonxeva, “considerándonos un pobo privilexiado neste eido”, segundo o xerente da Casa do Patrón, e rematando coa clase maxistral do profesor Rafael Quintía Pereira, que resaltou a utilidade histórica, presente e futura de integral a medicina popular ou etnomedicina e a necesidade da súa integración. Gañou o premio dunha estancia no Hostal Taberna de Vento de Botos Dioselina Duque.
Temas
Más en Área
-
Detectan decenas de casos de gastroenteritis en el colegio de Ventín Ames e investigan la comida del comedor
-
Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s