Outes pon en valor a tradición dos pampallíns e o rito de fertilidade do agro
Unha vintena de persoas participaron en Outesnun obradoiro de pampallíns para poñer en valor a tradición. Usuarios dos colectivos Adisbismur e Terra de Outes axudaron na obtención da palla. Houbo tamén unha exposición do traballo desenvolto polo alumnado do IES Poeta Añón que axudou a obter máis información dos maiores de Outes para saber como facían antigamente os fachuzos do pampallín (formas, materiais e técnicas que aplicaban e como desfilaban con eles).
Fíxose tamén un coloquio sobre as orixes desta tradición e a relación co mundo agrario e como sobreviviu durante séculos evitando a censura clerical e converténdose nun día de liberación para a xuventude.
Cien personas participaron en Outes en un acto de apoyo a la campaña de la X Solidaria
Co rito do pampallín (unha variante local da Festa dos Maios) pedíase abundancia e fertilidade no agro co lume como elemento central.
O vindeiro martes día 30 terá lugar a 24ª edición do Festival do Pampallín na Praza de Galicia da Serra de Outes, co ritoo lume e as actuacións dos grupos Mondra, The Rapants, Lontreira e Latexo Percusión.
Temas
Más en Área
-
Detectan decenas de casos de gastroenteritis en el colegio de Ventín Ames e investigan la comida del comedor
-
Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar
-
Iago Toba denuncia que BNG, PP e Independientes negocian una moción de censura en Muxía
-
El festival Bacanito, que se celebrará en Boiro los días 12 y 13 de julio, confirma ya un cartel de 19 DJ’s