Ames reconfigura as subvencións, despide a Santomil e axudará tamén a inscribir galiñeiros
O exvoceiro do Bloque Nacionalista Galego será relevado por Escarlata Pampín
Haberá axudas para plantar caducifolias, Ames Lab-AV e decoración polo Samaín
O pleno celebrado en Amesdespediu ao exconcelleiro e exvoceiro xa do BNG, David Santomil, que cede o posto a Escarlata Pampín. Ademais, saiu adiante a moción do PP (co apoio do BNG e Espazo Común) para que o Concello informe e axude na regularización de galiñeiros, e deuse luz verde á terceira modificación do plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames para engadir liñas e reconfigurar outras vixentes.
Cambios nos importes
Así, vaise minorar a subvención destinada a Protección Civil de Ames, que pasará a ser de 7.000 euros ao ano, e resérvanse 13.000 € para plantación de caducifolias nas franxas secundarias. Incrementarase en 60.000 euros o importe das axudas de emerxencia social e renda social (pasan de 100.000 a 160.000 euros) e regularízanse as destinadas as ANPA orzamentados para 2024 (serán 20.000 € por ano).
David Santomil deixa a Corporación amesá tras doce anos para dar paso a unha renovación xa “rodada” no Bloque
As asociacións culturais e festivas terán 24.000 € para dinamización cultural; haberá dotacións para deportistas individuais por 10.000 €; premios de promoción económica por 5.000 euros (Canta e Baila con Ames); decoración de escaparates de Samaín, 2.000 €; e a aceleración de proxectos audiovisuais (Ames AV-LAB) contará con 70.000 €.
Temas
Más en Área
-
Los comedores de Ames abrirán este lunes y Sanidade admite al menos un centenar de afectados por gastroenteritis
-
Vimianzo estrena una senda urbana, una ruta saludable de 3,7 Km y un ciclo de seis andainas
-
La Policía Local de Ribeira pide la colaboración ciudadana para localizar a tres menores que dieron una paliza a otro
-
Guadalupe Vázquez e Modesto Fraga inauguran a biblioteca rural da escola fisterrana do Val de Duio