PROXECTO

Estudantes amienses investigan os repertorios lingüísticos familiares e dos diferentes concellos

Presentaron os resultados na Olimpíada Trocando Linguas na Facultade de Filoloxía da USC

Presentación da investigación na Olimpíada Trocando Linguas

Presentación da investigación na Olimpíada Trocando Linguas / Concello de Ames

Redacción

Alumnado e profesorado do IES do Milladoiro participaron na Olimpíada Trocando Linguas, celebrada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago. Alí amosaron os resultados da investigación que levaron a cabo sobre os repertorios lingüísticos familiares e a diversidade lingüística dos diferentes concellos, co obxectivo de intercambiar experiencias interxeracionais e reflexionar sobre os contextos multilingües actuais.

Trátase dun proxecto de investigación colaborativa, no que os estudantes, co apoio das docentes Patricia Calviño, Cathia Capelán, Valentina Formoso, María Jesús Mourín, Bernardo Penabade e Teresa Seara, e as investigadoras da USC María Caamaño Rojo, Marta Estévez Grossi, Gabriela Prego Vázquez e Luz Zas Varela, desenvolveron un minucioso traballo etnográfico en diferentes fases e con diversas actividades, tales como xogos lingüísticos, dramatizacións, entrevistas na rúa e faladoiros coas persoas maiores. Estas actividades seguiron a metodoloxía da ciencia cidadá, orientada á comprensión da vida social e da presenza das linguas nos diferentes espazos públicos, neste caso avaliando a diversidade en centros educativos e concellos