Adrián Ben levará o dorsal número 1 na carreira ‘Os 10.000 peregrinos’ da Deputación de A Coruña
Será o 16 de abril en Santiago, con probas homologadas pola Real Federación Española de Atletismo e para escolares e aficionados
O atleta viveirense Adrián Ben Montenegro, recentemente proclamado campión de Europa de 800 metros en Estambul, levará o dorsal número 1 da carreira “Os 10.000 peregrinos” que organiza a Deputación de A Coruña coa colaboración do Concello de Santiago o vindeiro 16 de abril.
Cunha mensaxe difundida a través das redes sociais e gravada desde Sudáfrica, onde está adestrando actualmente, Adrián Ben anima aos afeccionados e afeccionadas ao atletismo a “a correr en Santiago o 16 de abril” e a “celebralo todos xuntos na praza do Obradoiro”. Ademáis de Ben, na carreira participarán atletas como Tariku Novales, Daniel Arce, Fernando Carro, Irene Sánchez, Cristina Ruiz ou Esther Navarrete.
Os 10.000 peregrinos, o gran evento do atletismo galego, constará de distintas probas: carreiras 10 e 5 quilómetros, homologadas pola Real Federación Española de Atletismo; unha de dous quilómetros en ruta; e unha andaina de cinco quilómetros en ruta. A saída de todas as probas será desde a rúa San Francisco e a meta estará ubicada na emblemática Praza do Obradoiro.
A inscrición é gratuíta e o prazo xa está aberto nas diferentes carreiras a través da web www.os10000peregrinos.gal. Hai 3.000 prazas dispoñibles.
Categorías e premios.
Haberá distintas categorías en función da idade dos participantes, desde alevíns (nados entre 2012 e 2013) ata os Máster 4 (nados en 1962 ou en anos anteriores). Tamén haberá un percorrido de dous quilómetros non homologado para as categorías escolares. Os seis primeiros clasificados e clasificadas obterán un trofeo e un premio económico segundo o seu posto na carreira. Os premios oscilan entre os 900 euros (primeiro posto) ata os 150 euros (sexto). A entrega de premios terá lugar na Praza do Obradoiro.
A Deputación mantén o seu firme compromiso co deporte e co atletismo xa que durante todo o ano organiza varias competicións deportivas nesta modalidade co fin de potenciala por toda a provincia. O obxectivo é impulsar a participación entre os nenos/as, mozos/as e maiores da provincia da Coruña, creando unha proba de gran relevancia no atletismo provincial e autonómico, para fomentar e promocionar o deporte, ofrecendo a posibilidade a toda a poboación de participar nunha proba única na provincia da Coruña, nun rango de idade que dará cabida a desde os máis xoves ata os de maior idade.
- El electrodoméstico que sustituye al horno y a la freidora de aire ya cuesta menos de 40 euros en Lidl
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Mueren los conductores de dos vehículos tras colisionar en la carretera nacional N-550 a la altura de Ordes
- El desayuno que atrasa el envejecimiento y toma a diario Amancio Ortega
- Una gran bola de fuego ilumina el cielo de Galicia y Portugal: '¿Lo habéis visto?
- Así es el paraíso oculto entre las montañas gallegas: la aldea más escondida tiene alojamientos exclusivos y está a dos horas de Santiago
- Casi un año esperando licencia en Santiago para instalar un ascensor y aislar la fachada: “É unha vergoña”
- Moncho Fernández se marcha del Obradoiro a coste cero al existir una claúsula en su contrato