Tres galegos irán coa Selección Nacional absoluta ao Campionato de Europa en Zagreb

Lydia Pérez, Jose Cuba e Nerea Pampín levarán a loita olímpica galega ata Croacia

Nerea Pampín e Lydia Pérez

Nerea Pampín e Lydia Pérez / V.Álvarez

Ata tres galegos foron convocados pola Selección Nacional absoluta para participar nos Campeonatos de Europa, que terán lugar do 16 ó 24 de Abril na cidade croata de Zagreb. Os deportistas Galegos que viaxan a cita continental son: Lydia Pérez Touriño en -62 kg, do Club de Loita Pontevedra; Nerea Pampín Blanco en -65 kg, do Club Keltoi de Vila de Cruces; e por último Jose Cuba Vázquez en -125 kg, do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.

Esta cita europea marcará que deportistas poderán acudir aos campionatos do mundo, que se celebrarán no mes de Setembro, e que serán a primeira cita clasificatoria para os Xogos Olímpicos de París 2024.

As grandes referentes de esta tempada foron as dúas mulleres mencionadas anteriormenete. Nerea Pampín, coa presea de prata obtida no Torneo Internacional Ladys Open de Suecia e o bronce no Torneo Internacional Henri Deglane de Niza (FRA). E por outro lado, Lydia Pérez obtivo unha medalla de bronce no Torneo Internacional Ladys Open de Suecia. Son, deste xeito, as dúas deportistas españolas mellor clasificadas actualmente no ranking internacional.