O Holi Gaiás deixa a Pablo Camino e Elena Veres Ojea como gañadores da quinta edición

Participaron 700 persoas entre as categorías adulta e infantil

700 personas participan na carreira holi Gaiás na Cidade da Cultura

700 personas participan na carreira holi Gaiás na Cidade da Cultura / XUNTA DE GALICIA

A carreira Holi Gaiás, celebrada pola Xunta a través da Cidade da Cultura, acolleu este sábado a súa quinta edición cunha participación de 700 persoas nas súas categorías adulta e infantil. A proba constou dun percorrido de 5 quilómetros polas instalacións exteriores do complexo e cun fin de festa na Praza central con música e coreografías dos profesionais de Zumba.

Aínda que non ten un carácter competitivo, ao final da carreira fíxose entrega dos trofeos ás tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría. Entre o público adulto os vencedores categoría masculina foron Pablo Camino Velasco, Francisco Pazos Campos e Pablo Iglesias Comojo, mentres que na feminina foron Elena Veres Ojea, María Tarrío Martínez e Arapat Pazos Meixus. En infantil os gañadores foron Eloi Lorente Paz, Yago Suárez Álvarez, Iván Álvarez Pérez, Xoana Rodil Illobre, Lucía Taboada Codesido e Daniela Beiras Veiga.