Miñones reivindica en Carballo investimentos de Sánchez na comarca de Bergantiños

Jose Miñones posa con militantes socialistas / Cedida

Jose Miñones posa con militantes socialistas / Cedida / Redacción

Redacción

O PSdeG da Coruña celebrou onte en Carballo o seu mitin central na Comarca de Bergantiños de cara ás eleccións xerais no que participaron os candidatos socialistas ao Congreso e ao Senado, José Miñones e Xosé Sánchez Bugallo e, do secretario xeral provincial, Bernardo Fernández Piñeiro.

Miñones reivindicou na súa intervención que a de Bergantiños é “unha comarca na que este Goberno investiu máis de 23 millóns de euros”, en proxectos “de mobilidade sostible, de iluminación, que favoreceron que os concellos aforrasen e os puidesen adicar á súa veciñanza”.

Ademais, “nunca antes Galicia recibira tantos cartos para fomentar o turismo sostible” sinalou o candidato ao Congreso e ministro de Sanidade. Miñones destacou que o de Pedro Sánchez é “o Goberno máis galego da historia”, e advertiu que “Vox e o PP queren tirar todo isto abaixo”.

Pola súa banda, Fernández Piñeiro afirmou que “mentres Feijóo adica a campaña a crear bulos, nós adicamonos ao que realmente importa, como a reunirnos coas enfermeiras en loita contra a precariedade da sanidade en Galicia”.

O secretario xeral provincial sinalou que “Feijóo presumiu no debate de ter adicado 10 anos da súa vida á sanidade, e é verdade, adicounos a desmantelala, a privatizala, e a empeorar a prestación do servizo”.