O BNG prevé conversas co PSOE e Sumar “nos próximos días” de cara a unha posible investidura

“O meu obxectivo é ser presidenta de Galicia”, asegurou Ana Pontón

O BNG prevé conversas co PSOE e Sumar “en próximos días” de cara a unha posible investidura

O BNG prevé conversas co PSOE e Sumar “en próximos días” de cara a unha posible investidura / BNG

O BNG prevé iniciar as conversas cos partidos do actual Goberno en funcións, PSOE e Sumar, “en próximos días” ou “na próxima semana” de cara a unha posible investidura, no caso de que a do popular Alberto Núñez Feijóo resulte fallida, algo que dan “por feito”.

Así o sostivo o único deputado do partido nacionalista na Cámara Baixa, Néstor Rego, que admitiu que estes contactos “aínda non arrancaron”, xa que o partido estivo centrando o seus esforzos en cuestións como a posible implementación do uso das linguas cooficiais no Congreso.

Doutra banda, o partido liderado por Ana Pontón deu onte a coñecer as liñas estrátexicas que seguirán este nuevo curso político, pendentes da conformación do Gobierno central e coa convocatoria das eleccións galegas que previsiblemente serán a próxima primavera.

“Imos desenvolver unha batería de propostas e iniciativas políticas, tanto na sociedade como nos parlamentos con tres elementos en común: ambición, sentido de país e plena vontade de diálogo, de contraste e de acordo cos sectores da sociedade galega”, indicou a líder nacional do BNG. O modelo de Estado, o sistema de financiamento, a situación socioeconómica, a emerxencia climática e a igualdad de xénero serán algunhas das cuestiones que estarán nun primeiro plano.

O meu obxectivo é ser presidenta de Galicia para poñer en marcha o mellor goberno galego da historia e poder liderar os grandes retos deste país”, aseverou Pontón, centrando parte da súa intervención nas eleccións autonómicas. Neste sentido, apuntou que para poder conseguir o seu obxectivo o partido “debe estar nos debates importantes que van marcar a axenda do futuro”.

“Un dos temas de máxima relevancia é o debate sobre a plurinacionalidade do Estado”, dixo Pontón, ao asegurar que será un asunto “chave” na lexislatura e que “será a proba da disposición real que teña o próximo Goberno para avanzar nunha liña democratizadora do Estado”.

Así as cousas, a portavoz nacional anunciou que próximamente presentarán unha iniciativa parlamentaria para “un escudo social galego” centrado no campo socioeconómico, o sanitario, a produción social e a igualdade de xénero.