Pontón e Pili Pampín estrean #CódigoAna, o programa de entrevistas da líder do BNG
O obxectivo é mostrar unha faceta “máis humana e persoal” coa que “se podan identificar outras persoas”
Despois de ser preguntada en, posiblemente, centos de entrevistas, a líder do BNG, Ana Pontón, vai poñerse do outro lado da man do programa #CódigoAna, co que o partido pretende abrir o discurso político tradicional a outros formatos e públicos.
A temporada dará comezo cunha conversa coa cantante Pili Pampín, á que definen como “unha auténtica diva da música popular galega” que “arrasa entre a xente moza, a través das súas colaboracións con músicos novos como é o caso de Ortiga”.
O presente e o futuro da xente nova, a emigración ou a conexión que a artista conseguiu con públicos que non eran os habituais nas súas actuación musicais son algúns dos temas dos que falarán neste episodio inaugural. Unha charla para coñecer a faceta “máis persoal e emotiva” da cantante de Rois, a través da “confianza e a mutua empatía” coa portavoz nacional do BNG. Pampín, que iniciou a súa carreira musical no ano 1991 cun disco coa Orquestra Compostela é “considerada na actualidade a raíña da verbena galega”.
Este espazo de entrevistas impulsado polos nacionalistas terá, segundo sinalan, coa “regularidade que permite a axenda política” da líder nacionalista e nel se trataran temas que “interesan e preocupan á cidadanía” a través de figuras referentes da comunidade que contarán tanto a súa experiencia vital como profesional, nun cara a cara con Pontón. “O obxectivo é que se poden sentir identificadas ou interpeladas outras moitas persoas”, explican dende o Bloque.
O propósito de #CódigoAna é, tal e como apuntan fontes do partido, “ir máis aló do marco estritamente político” e mostrar o lado “máis humana e persoal” da portavoz nacional do partido. As figuras escollidas para participar nestas entrevistas formarán parte de diferentes ámbitos tales como a cultura, a ciencia, a economía, o feminismo ou o audiovisual.
Os programas poderán verse a través das redes sociais. #CódigoAna ten contas propias en Facebook, Instagram, X (antiga Twitter) e Youtube.
Temas
Más en Galicia
-
Alerta amarilla por fuertes lluvias en Galicia desde este lunes: ¿Hasta cuándo lloverá en Santiago?
-
¿Por qué el pan es mejor en Galicia que en el resto de España?
-
Ni Vigo ni A Coruña: Santiago es la ciudad gallega con mayor tasa de donación de sangre
-
He aprobado la ABAU y ¿ahora qué estudio?: Grados disponibles en el campus de Santiago