Nadal especial en Pantón con concursos e visita dos Reis

O día 5 de xaneiro celebrarase o Festival de Reis a partir das 18.00 na Casa da Cultura

Decoración en Mañente.

Decoración en Mañente. / Concello de Pantón

Redacción

Pantón é outra localidade que non deixa pasar a oportunidade de gozar do Nadal por todo o alto, e que ten moita gana de troula e de celebrar en familia.

En Pantón xa comezaron as festas hai unha semana, e continúan hoxe, que é o último día para inscribirse no Concurso de Beléns. O concurso está aberto á participación de asociacións, familias e persoas a nivel individual do municipio. Para inscribirse cómpre facelo na casa da cultura en horario de 10.00 a 20.00 ou chamar por teléfono ao 982 45 63 77. Tamén hoxe pecha o prazo de inscripción no Concurso de Postais de Nadal. As postais deben de incorporar nome, apelidos e idade da/do participante na parte posterior. Non faltarán ao Nadal de Pantón, Papá Noel e os Reis Magos. No acceso á Casa da Cultura, os/as nenos/as contarán coa Caixa do Correo na que deixar os seus desexos para este Nadal.

O día 5 de xaneiro de 2024 celebrarase o Festival de Reis a partir das 18.00 na Casa da Cultura. Alí, ademais doutras actividades lúdicas, entregaranse os premios dos diferentes concursos e as súas maxestades recibirán ás nenas e nenos que se acheguen a pedirlles os seus agasallos. Ademais, os xoves pola tarde, ata maio do 2024, unha quincena de pequenos/as participan do obradoiro Pequechef Pantón. En horario de 16:00 a 17:30 h. preparan deliciosos pratos, e esta semana elaboraron galletas e doces para o Nadal.