Axenda cultural: que facer hoxe, domingo 21 de abril, en Santiago?
Museos, música, teatro e circo para gozar dunha xornada dominical do máis completa

Na gala desta tarde a acrobacia, os malabares e o humor serán os protagonistas / CEDIDA
El Correo Gallego
A ‘Gran gala do circo’ de Pista Catro chega ao Auditorio de Galicia
Pista Catro Produtora de Soños leva ás 18.30 desta tarde ao Auditorio de Galicia -avenida Burgo das Nacións- a Gran gala do circo, un espectáculo de variedades coordinado pola compañía compostelá no que un feixe de artistas locais e vidos doutras terras preparan unha festa para gozo do público grande e miúdo con todo tipo de acrobacias e malabarismos e con entradas a tan só 3 euros. Con este evento celébrase o Día Internacional do Circo.
O musical ‘Dumbo’ esta tarde no Teatro La Salle

Cartel do musical ‘Dumbo’ / CEDIDA
Ás 17.00 desta tarde o Teatro La Salle -praza San Xoán Bautista, 1- chega a Compostela o agardado musical para toda a familia Dumbo. Un divertido espectáculo “cunha gran posta en escena e voces en directo” para falar da inclusión e de temas como “o acoso que sofren os que son diferentes”. E por este valor da diferenza Dumbo é o protagonista, “cremos que non existe un personaxe mellor para falar sobre o bullying”, comentan dende Candileja. As entradas están á venda por 15 euros en ataquilla.com.
Interactividade cuántica no CGAC
Salto cuántico é unha escultura interactiva que conta con tres módulos móbiles e intercambiables. Tomando a súa estrutura das primeiras computadoras dos anos 40 componse de tótems contemporáneos sobre rodas que permiten actualizacións constantes que fan dela “unha escultura aberta no espazo cuántico”. Unha obra coral na que autoría se esvaece nas formas que da instalación. Pode visitarse no CGAC -rúa Valle-Inclán, 2- de 11 a 20h.
A Banda municipal trae os sons do Mediterráneo

A postal deste concerto do ciclo recolle paisaxes mediterráneas / CEDIDA
Coma cada domingo chega ao Teatro Principal -rúa Nova, 21- a Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela (BMSC) para interpretar un novo concerto integrado no ciclo Postais. Desta volta trátase do programa Dende o Mediterráneo e contará coa presenza de Carlos Sancho Cantus, director convidado e gañador do II Concurso de dirección BMSC Xoan Montes.
A Banda municipal interpretará composicións dos autores valencianos Manuel Palau -Coplas de mi tierra-, Miguel Asins Arbó -Anem!- e Andres Valero -Polifemo- e mais do italiano Giacomo Puccini -La bohème-. Como é habitual o concerto comeza no Principal ás 12 horas e a entrada é de balde mais é necesario retirala con anterioridade ou ben en liña ou no despacho da Zona C de martes a sábado.
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Boiro atesora los restos de un templo de hace catorce siglos, uno de los más antiguos de Galicia
- Sorpresa en Noia: un tendal de setenta metros sobre la ría
- La USC sitúa a tres investigadores entre los jóvenes más destacados de Galicia por sus avances en energía, obesidad y turismo
- El legendario París-Dakar revive en Fontiñas: así es la versión del barrio compostelano
- La SD Compostela logra la ansiada remontada contra el Atlético Arteixo tras sufrir en la prórroga

