Síguenos en redes sociales:

Degustacións e música na Festa do Champiñón de Ordes

A celebración incluirá unha mostra de maquinaria agrícola» Haberá tamén unha gala internacional de maxia

Degustacións e música na Festa do Champiñón de OrdesECG

Volve ao municipio de Ordes a Festa do Champiñón, unha celebración que se extenderá tres días e que reunirá degustacións, unha mostra de maquinaria agrícola e unha gala internacional de maxia que se celebrará hoxe (a partir das 20.30 horas) antes de que actúen Susana Seivane e a orquestra Cinema.

O evento, un dos máis concurridos do concello, continuará o sábado 27 cun pasarrúas con gaiteiros e coa apertura do recinto de exposicións de maquinaria agrícola. Os tractores desfilarán polas rúas do pobo e rematarán no campo da feira. Non faltará tampocuo a feira de artesanía e, ás 13.30, a charanga TNT animará a velada.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, e ás 18.00 será a quenda do monólogo de Pablo Meixe e Carlos Blanco. Pola noite, esta primeira xornada pecharase coa música de Monoulious Dop, A Banda de Poi e The Rapants.

O último día, o domingo 28, arrancará ás 10.00 horas cun pasarrúas con gaiteiros e coa apertura da mostra de maquinaria agrícola e da Feira de Artesanía. Ás 12.00 a xornada animarase coa actuación da charanga BB+, e ás 13.00 horas será o turno da actuación da Banda de Música de Ordes. Ás 14.00 horas tocará sesión vermú con La Bamba.

Pola tarde a música correrá a cargo, novamente, da charanga BB+ e ás 18.00 será a quenda da verbena coas orquestras La Fórmula e París de Noia.

E por suposto, tendo en conta que é unha festa gastronómica, non podían faltar as degustacións. Os hostaleiros do concello ofrecerán de balde con cada consumición unha tapa de champiñóns.

Pulsa para ver más contenido para ti