Fin de Ano rianxeiro e Reis moteiros en Vedra

Pequenos e grandes vivirán as últimas datas do Nadal dun xeito especial con festa e visitas das súas Maxestades

Arriba, cartel do Fin de Ano de Rianxo. Á esquerda, os Reis chegan a Vedra en moto o ano pasado.   | // ECG

Arriba, cartel do Fin de Ano de Rianxo. Á esquerda, os Reis chegan a Vedra en moto o ano pasado. | // ECG / Redacción [rianxo/vedra]

Redacción [Rianxo/Vedra]

Rianxo xa conta as horas para gozar da festa de Fin de ano da localidade. O prato forte da comarca será a Festa de Santa Columba e a despedida do ano 2024, organizado pola Comisión Juadalupeñas, ás 19.00 horas na praza Castelao. Non faltarán as bombas de palenque nin a misa cantada, que terá lugar ás 13.00 horas. O pasarrúas correrá a cargo de Buxana.

Xa cos pés no 2024 celebrarase a festa fin de ano e para despedir o ano anterior, promovida tamén pola Comisión Juadalupeñas. A troula terá lugar na praza Castelao ás 1.00 horas.

Non acabarán aí as festas do Nadal rianxeiro. O día 3 (en Atalaia, Asados) e o día 4 de xaneiro (no campo de Pazos, en Taragoña), a veciñanza está invitada a participar na campaña Este nadal ti eres a estrela promovida pola Asociación Rianxeira de Empresarios. Os participantes poderán conseguir premios coa ruleta da sorte, e para os máis cativos, haberá inchables e talleres infantís. Ademais, ata o 15 de xaneiro poderase visitar a exposició Tinta de Fol, oito pezas para gaita máis unha para piano de David Cuence e Sabela Olivares.

Festas en Vedra

Tampouco faltará a animación no concello de Vedra. O 5 de xaneiro, véspera de Reis, terá lugar a visita das súas maxestades a Vedra, custodiados pola Asociación de Moteiros Val do Ulla. A visita terá lugar ás 17.00 horas, cando, recén chegados de Oriente, cheguen á antiga Estación de Tren de Vedra pisando ferro cos moteiro do Val do Ulla. Ademais da maxia do Nadal os máis peques tamén gozarán coa actuación de Paco Nogueiras que fará as delicias a peques e non tan peques.