O BNG aposta pola transformación de Compostela “nunha capital verde europea”
Goretti Sanmartín defende un urbanismo que achegue benestar á veciñanza da cidade
A candidata do BNG á Alcaldía, Goretti Sanmartín, e o arquitecto Iago Lestegás, que vai no primeiro tramo da lista do BNG, mantiveron un encontro con representantes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que ten máis de 350 persoas profesionais colexiadas. Sanmartín destacou “a relevancia das persoas profesionais da arquitectura no deseño da nosa cidade: sodes unha parte moi importante da nosa construción, pezas centrais na conservación do patrimonio e tedes que continuar no futuro contribuíndo a que Compostela sexa unha cidade viva, onde se conxugue ese gran museo aberto da arquitectura que é a nosa cidade, desde a catedral ás propostas máis de vangarda, premiadas a nivel internacional”.
Na súa intervención, defendeu que Compostela precisa unha transformación nos seus espazos públicos para mellorar a calidade de vida das persoas. O BNG aposta por un urbanismo que achegue benestar á veciñanza, que deixe atrás un deseño pensado para o transporte a motor. Outra das iniciativas ás que fixo referencia foi “a transformación de vías actualmente sobredimensionadas, como Restollal ou Romero Donallo, en bulevares verdes”. “Queremos impulsar e xestionar a gran transformación de Compostela nunha capital verde europea”, afirmou Sanmartín.
Temas
Más en Santiago
-
Trasladado al hospital tras sufrir un accidente con un patinete en la avenida de Castelao
-
La moda de los candados en monumentos llega a Santiago: el riesgo patrimonial del amor romántico
-
La colección ‘Mentes curiosas - curiosas mentes’, nueva apuesta del CSIC para divulgar mejor la ciencia
-
O edil Adrián Villa asegura que os usuarios da liña 6A "van quedar sen servizo"