Aberto o prazo de presentación de solicitudes para a Escola Infantil Breogán

Vinte das noventa prazas ofertadas para o vindeiro curso serán para familias alleas á Universidade

Entrada de la Escola Infantil Breogán

Entrada de la Escola Infantil Breogán / ECG

Redacción

A Escola Infantil Breogán ofertará para o vindeiro curso preto de noventa prazas, das que unha vintena poderán ser ocupadas por familias alleas á comunidade universitaria, dándolle prioridade a aquelas situacións familiares con especial necesidade de atención. O prazo, tanto para solicitudes de readmisión como de nova admisión permanece aberto dende onte e ata o 5 de abril.

As persoas que teñan unha renda persoal dispoñible por debaixo dos 2.100 euros estarán exentas de pagar o servizo complementario de comedor, resultando o servizo de escolarización completamente gratuíto xa que os nenos e nenas con residencia en Galicia terán unha bonificación do 100 % pola atención educativa ao abeiro do Convenio coa Consellería de Política Social para o fomento da gratuidade da atención educativa.

Os horarios de entrada e saída serán flexibles para adaptarse ás necesidades familiares e características da idade dos nenos/as. A Escola Infantil Breogán permanecerá aberta de 07.45 a 18.00 horas, con pequenas excepcións.