Síguenos en redes sociales:

"Queixo", de Álvaro Pérez, mellor tapa de Galicia para o público

Organizada por Turismo de Galicia, a Gala Show Cooking tivo lugar no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela // Álvaro Villasante do Restaurante Paprica de Lugo fíxose co título de Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia 2023

"Queixo", de Álvaro Pérez, mellor tapa de Galicia para o públicoECG

A VII Gala Show Cooking "Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia" celebrada esta noite en Santiago de Compostela foi o peche dunha campaña de Turismo de Galicia para atraer a un turista curioso, inquieto e desfrutón disposto a probar experiencias e ao que lle gusta realizar escapadas en calquera época do ano. A disputa estivo entre sete petiscos, sete cociñeiros e sete cidades: Sheila Martínez do restaurante Roots (A Coruña) con Gyoza de chocos na súa tinta; Álex M. Bacelo e Mar Lago do Bacelo (Ferrol) con Bocado de aldea; Beatriz Alcalá de La Zapatería del abuelo (Ourense) con Canta Castaña; Ana Vilar da Cervexaría Leria (Vigo) con Xema na Fraga; Rubén González de El Cafetín de la Alameda (Pontevedra) con VacalaoDo cru ao cocinao; Álvaro Villasante do Paprica (Lugo) con Bonito, morrón, cebola e paixón e Álvaro Pérez de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela) con Queixo. Cada chef dispuxo dun máximo de 7 minutos para rematar a súa tapa no escenario.

A xornalista María Cheda foi a encargada de conducir a gala á que asistiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos. Na súa intervención, Nava Castro puxo en valor o papel da gastronomía como recurso turístico así como precursora da cultura galega “Falar da gastronomía galega é falar dunha forma de vida. Como poderemos ver neste evento, a través dela expresamos o respecto e o amor polos nosos recursos, por aquelo que fai Galicia unha terra inesquecible “.

A cita enmárcase na estratexia que Turismo de Galicia desenvolve para promover este tipo de turismo cultural e de proximidade, a través da cooperación entre as empresas do sector, as asociacións e as institucións. Unha cita consolidada que vai xa pola súa sétima edición e que deixa patente a variedade e creatividade da gastronomía galega, mais enmarca tamén ditas experiencias en cidades atraentes e dinámicas cunha historia e cultura de seu. 

Álvaro Villasante do Restaurante Paprica de Lugo fíxose co título de Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia 2023. O seu petisco Bonito, morrón, cebola e paixón. Qué ricos de sabor! foi elixido polo xurado profesional como a mellor tapa entre as sete presentadas, unha por cada cidade galega. O outro gañador foi Álvaro Pérez Blanco de Artesana Gastrobar de Santiago de Compostela que se fixo co premio do público grazas a Queixo.

Lugo

Tapa ganadora: Bonito, morrón, cebola e paixón. Qué ricos de sabor!

Chef: Álvaro Villasante del Restaurante Paprica.

Bio: Natural de Palas de Rei (Lugo), Álvaro Villasante ten unha ampla traxectoria profesional desenvolta a cabalo entre Lugo e Lleida, Tenerife, Miami e Barcelona, onde tivo a oportunidade de traballar con grandes da cociña como Sergi Arola e Anxo Palacios en “A Broche” (Miami); Gonzalo Tamames no “Recuncho de Gonzalo” (Tenerife); Ramón Freixa, en “Racó d´en Freixa” (Barcelona); e Óscar Sabate, en “Eth Taro” (Val d’Arán). Finalmente, as aspiracións de Álvaro levárono a abrir o seu propio establecemento na cidade das murallas no ano 2007. A utilización de produto ecolóxico e de proximidade e o equilibrio entre unha gastronomía moderna e unha gastronomía tradicional, son os principais sinais de identidade da súa cociña.

Tapa: O seu Bonito, morrón, cebola e paixón. Que ricos de sabor! ten como base un bonito do norte mariñado, servido cunhas ceboliñas asadas e un xugo de pementos asados, froita da paixón e tenreira. Despois foron enlazando produtos e a través da intuición, a súa ferramenta chave, desenvolvendo a combinación de sabores.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Tapa ganadora: Queixo.

Chef: Álvaro Pérez Blanco de ArteSana Gastrobar

Bio: Nado en Dodro (A Coruña), Álvaro Pérez pasou por algunhas das cociñas máis prestixiosas e recoñecidas da península e do continente, como a de El Bulli de Albert e Ferrán Adrià ou a do Hostal dos Reis Católicos. Álvaro di que a súa cociña non é conceptual, senón máis ben sensible e que naturaliza para que as persoas se sintan cómodas. Non só para os comensais, tamén detrás dos fogóns. Chegou a Compostela seguindo os pasos do seu irmán, quen tamén cursou un ciclo na Escola de Hostalería. Hai dez anos, cando tiña 25 e logo do seu paso profesional por outras cociñas de moita sona, decidiu abrir ArteSana Gastrobar.

Tapa: O petisco, Queixo, leva dous dos elementos gastronómicos que máis gustan aos peregrinos que veñen visitar Galicia: torta de améndoa tradicional, nata e, por suposto, queixo fresco.

Pulsa para ver más contenido para ti