AUDITORIO DE GALICIA

Alumnos de Infantil e Primaria gozan coa obra ‘Nina Ninette’

Un momento da representación do espectáculo ‘Nina Ninette’ no Auditorio de Galicia./ Antonio hernández

Un momento da representación do espectáculo ‘Nina Ninette’ no Auditorio de Galicia./ Antonio hernández / ecg

ECG

Alumnos de Infantil, 1º e 2º de Primaria puideron gozar onte do espectáculo de danza Nina Ninette, de Determinada Compañía, no compostelán Auditorio de Galicia.

Cunha duración de 50 minutos, esta obra en galego narra a historia de Nina, valente e alegre que grazas a atoparse unhas flores moi especiais, descubre un mundo fantástico no que habitan seres máxicos, poderosos e divertidos. Un mundo fantástico convertido nun labirinto do que é moi difícil saír. Un conto iniciático inspirado na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer.