O PP de Santiago denuncia o tapiado das fincas na rúa da Ponte do Romaño

De la Fuente acusa ao BNG de ineptitude na xestión e aptitud pouco dialogante

O PP de Santiago denuncia que as vallas na beirarrúa tapian o acceso ás fincas

O PP de Santiago denuncia que as vallas na beirarrúa tapian o acceso ás fincas

Redacción

O concelleiro do PP de Santiago, José Ramón de la Fuente, visitou a rúa da Ponte do Romaño para atender as queixas que a veciñanza lle trasladou e puido comprobar que a instalación, por parte do Concello, dunhas vallas na beirarrúa “tapian” o acceso dos propietarios ás súas fincas.

De la Fuente explicou que, sen previo aviso e dun día para outro, operarios municipais colocaron un valado diante das súas propiedades, o que fai imposible poder entrar a elas. “Os terreos afectados non teñen máis acceso que pola beirarrúa, polo que os veciños se preguntan como cre o Concello que poderán facer as limpezas das mesmas, tal como xa lles están esixindo”, subliñou.

Indicou que “non parece moi axeitado tapiarlle as súas propiedades sen tan sequera poñerse en contacto con eles. É entendible que se poña algunha medida de seguridade para os peóns que transitan pola beirarrúa, pero o que non é lóxico que as fincas queden sen acceso”. “Confirma a ineptitude na xestión e as actitudes intransixentes e pouco dialogantes do BNG”, dixo.

TEMAS