O programa de reciclaxe de envases supera xa os 5.000 usuarios na capital galega

Mila Castro amosouse moi satisfeita coa boa acollida que a campaña tivo en Santiago

imagen de un contenedor de vídrio

imagen de un contenedor de vídrio / ECOVIDRIO

Redacción

A iniciativa posta en marcha polo Concello de Santiago para fomentar a reciclaxe de envases e promover unha economía verde e circular xa conta na cidade de Santiago con 5.250 usuarios. A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, quixo agradecer tanto á cidadanía como ás asociación participantes na campaña “o seu compromiso co medio ambiente e a súa solidaridade”.

Mila Castro tamén amosouse moi satisfeita coa boa acollida que a campaña tivo entre os composteláns e as compostelás e pola implicación de asociacións como ATEGAL, A Pedra que Fala, Banco de Alimentos Rías Altas, AGAFI ou Asotrame neste sistema de Devolución e Recompensa (SDR) que permite acumular puntos e obter recompensas que os usuarios poden doar a diferentes entidades ou proxectos da cidade.

Así, Reciclos permitiu a posta en valor da conexión entre Fontiñas e o parque de San Lázaro polo parque de Carlomagno, e a melloras de zonas verdes no Parque de Santa Marta.

A concelleira tamén avanzou que as seguintes asociacións que se unirán á iniciativa nas próximas semanas, serán a Fundación Andrea e a Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog), que centra a súa actividade na atención e o apoio a familias que teñen nenos ou nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

“Os usuarios e usuarias poderán facer doazóns a esta e outras entidades sociais, a través de Reciclos, contribuíndo a proxectos nobres e necesarios, ao mesmo tempo que se fomenta a circularidade dos envases”, concluyó en su comparecencia la edila de Medio Ambiente.