A Fundación Granell inaugura hoxe unha mostra en homenaxe a actriz María Casares
A Fundación Eugenio Granell inaugura hoxe as 20.00 horas a exposición ‘Escenarios da paixón. Homenaxe a María Casares dos artistas Alfonso Costa e Isabel Pintado’. A mostra será presentada polo profesor e crítico de arte Carlos L. Bernárdez e permancerá aberta ata o 25 de xuño. A mostra “supón unha particular homenaxe plástica á xenial actriz, sen esquecer a reflexión sobre as significativas relacións entre a pintura e o teatro”, informou onte a Fundación.
Pintado e Costa, prolíficos artistas de longa e recoñecida traxectoria, “entenden esta homenaxe como un acto de amor e de xustiza a prol da memoria desta insigne galega de quen, o pasado ano, se cumpriu o centenario do seu nacemento”. María Casares (A Coruña, 21 de novembro de 1922 - Alloue, Francia, 22 de novembro de 1996) é xa un mito da interpretación; non en balde, Francia –onde se forxou e se expresou o seu excepcional talento- celebrouna cos máis importantes recoñecementos mentres en España era silenciada pola ditadura franquista.
Temas
Más en Santiago
-
O PP de Santiago pídelle ao BNG que “poña remedio” á inseguridade da praza da Mercé
-
Un hotel de polinizadoras para loitar pola recuperación da biodivesidade
-
Mestrelab estrena a finales de septiembre su centro de investigación de Santiago
-
“Estoy haciendo otro libro con mi padre (Manquiña), uno basado en sueños”