A USC traballa en conseguir a transformación dun distrito madrileño nun espazo verde
Forma parte do proxecto Probono, que espera lograr cero emisións de carbono en cidades europeas
Conseguir a transformación de seis distritos europeos en veciñanzas verdes (Green Building Neighbourhoods) é o horizonte que persegue o proxecto Probono no que participa a USC, como un dos 47 socios de 15 países diferentes. En concreto, os ‘living labs’ ou distritos experimentais atópanse nas cidades de Madrid, Dublín, Porto, Bruxelas, Aarhus e Praga, as cales aspiran a cumprir as metas de neutralidade climática que contempla o Plan Verde Europeo.
La USC empata con la Complutense en patentes al año y queda solo por detrás de la de Sevilla
O proxecto traballa a noción de ‘xemelgo dixital’, un concepto que ten a súa orixe na NASA e que xurdiu coa vontade de mellorar a simulación do modelo físico dunha nave aeroespacial. En concreto, o ‘xemelgo dixital’ é unha representación virtual dun obxecto, proceso ou servizo físico. Estas réplicas virtuais son utilizadas para crear simulacións antes de aplicar cambios nos obxectos reais. Trátase de recompilar datos para predicir como pode ser o seu comportamento futuro. O equipo da USC, liderado polo profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE), Joaquín Triñanes, está centrado no Living Lab de Madrid Nuevo Norte, con especial énfase no deseño e construción do Xemelgo Dixital, das ferramentas baseadas en aprendizaxe automática para a predición de escenarios, e a provisión de datos medioambientais operacionais e históricos.
“Un compoñente importante de Probono son os Xemelgos Dixitais para cada un dos distritos verdes participantes no proxecto, que proporcionarán unha representación virtual dos distritos, integrando unha compoñente operacional con indicadores de rendemento, medioambientais e de eficiencia”, explica Joaquín Triñanes. O sistema inclúe un compoñente de medición, análise e optimización do consumo eléctrico, de gas, enerxía térmica, ou auga, entre outros, a través dunha plataforma intelixente de Internet das Cousas. Isto dá lugar á creación dunha ferramenta na nube de axuda á toma de decisións que permita deseñar de forma óptima distritos verdes que incorporen as solucións innovadoras de Probono.
Temas
Más en Santiago
-
Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, viernes 3 de mayo, en Santiago?
-
Los cinco pueblos de la provincia de A Coruña que la Guía Repsol sitúa entre "los más hermosos" de Galicia
-
“O concepto de raza non se debe utilizar para describir categorías de seres humanos”
-
O PSOE pide reunirse “con ánimo propositivo” con Raxoi para resolver o retraso na licitación dos buses