Rosón lémbralle ao PP que a vivenda é competencia da Xunta

A concelleira de Urbanismo, cualifica a proposta de “medida imposible” e “mostra pública de descoñecemento”

Mercedes Rosón

Mercedes Rosón / ECG

ECG

A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, cualifica de “medida imposible” e “mostra pública de descoñecemento” a proposta do candidato do PP á Alcaldía de Santiago de que sexa o Concello o que xestione os alugueiros das vivendas baleiras. Para Rosón, esta “nova idea, xurdida con urxencia, “mostra de novo a súa incapacidade e descoñecemento das necesidades e solucións que necesita Compostela”, indica o PSdeG nunha nota de prensa. Rosón recrimina que “despois de 14 anos de nula de política de vivenda” fagan a proposta por “mero afán electoral”.