Corte de tráfico na rúa Tras Santa Isabel este mércores e xoves

Quedará prohibido o estacionamento e só poderán transitar as persoas residentes para acceder ás súas vivendas

Rúa Tras Santa Isabel

Rúa Tras Santa Isabel / Google Maps

ECG

Este mércores 26 e xoves 27 de abril, a rúa Tras Santa Isabel vai quedar cortada ao tráfico por mor das obras de aglomerado da súa calzada. Este tipo de aglomerado que se aplica en frío funciona como forma de impermeabilizar a superficie da calzada.

Tal como informa Raxoi, durante eses dous días quedará prohibido o estacionamento en toda a rúa desde a que se accede ao complexo deportivo de Santa Isabel. Só poderán transitar por ela os residentes que necesiten acceder ás súas vivendas.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.