Síguenos en redes sociales:

O tempo: hoxe martes teremos unha xornada gris en Compostela

O tempo: hoxe martes teremos unha xornada gris en CompostelaECG

Hoxe en Santiago e a súa comarca continuará baixo a influencia de ventos de compoñente oeste que seguirán a traer aire moi húmido e tamén bastante morno, así que hoxe teremos en Compostela unha xornada gris

Os ceos estarán anubrados durante boa parte do día e pola tarde teremos que contar con algunha chuvia de carácter intermitente. 

Haberá ventos que soprarán con pouca forza e que nos van deixar unha temperatura máxima hoxe arredor dos 18°, cunhas mínimas que baixarán ata os 13°.

Pulsa para ver más contenido para ti