Hoxe en Santiago e a súa comarca continuará baixo a influencia de ventos de compoñente oeste que seguirán a traer aire moi húmido e tamén bastante morno, así que hoxe teremos en Compostela unha xornada gris.
Os ceos estarán anubrados durante boa parte do día e pola tarde teremos que contar con algunha chuvia de carácter intermitente.
Haberá ventos que soprarán con pouca forza e que nos van deixar unha temperatura máxima hoxe arredor dos 18°, cunhas mínimas que baixarán ata os 13°.