Xuventude pugna por reactivar o Consello de mocidade: esta é a nova composición
O departamento que dirixe María Rozas deseñou un novo regulamento que substitúa o de 2001
Dende hoxe e por 15 días hábiles exponse no portal de transparencia municipal
Un mínimo de cinco vogais dos centros de Secundaria, FP e Bacharelato; dous mozos en representación da Universidade; e candanseu representante do Centro Xove da Almáciga e do asociacionismo xuvenil. Esta é a nova composición do Consello de Mocidade que propón a concellaría de Xuventude e que se deberá aprobar en sesión plenaria.
"Facemos unha emenda á totalidade do regulamento do consello, que data de 2001, porque a realidade dos mozos e mozas da cidade mudou moito nestes 23 anos", explicaba a concelleira María Rozas na rolda de presentación do novo regulamento para o Consello da Mocidade que deseñou o sru departamento. Ademais de ampliar o número de vogais, na procura de que poidan participar o maior número de centros de ensino que así o decidan, o consello tamén estará aberto á participación dos mozos e mozas que non sexan vogais do mesmo, que poderán tomar parte nas súas sesións "con voz pero sen voto".
A edil de Xuventude tivo palabras para todos os segmentos que teñen a posibilidade de integrar o consello. "Dende os centros de ensino non se trata de representar as necesidades do mesmo ou do barrio no que se sitúan, senón de representar de xeito global o territorio da cidade cunha franxa de idade o máis plural posible". En canto á Universidade, pese a que o departamento é sabedor de que non todos os universitarios están censados en Santiago, si se consideran que como parte integrante da vida cotiá da cidade "poden facer achegas moi interesantes", e neste punto lembraba Rozas o éxito dos Orzamentos participativos de mocidade.
Rozas puxo en valor unha vez máis os mozos e mozas que forman parte do Centro Xove da Almáciga, onde na actualidade ensaian 31 bandas xuvenís, e tamén do tecido asociativo de Compostela, aínda que tamén destacou a diferenza de número en comparación co gran volume que había rn 2001, outra razón máis para actualizar o regulamento.
Dende hoxe, este regulamento -que xa foi enviado aos grupos da oposición- poderá consultarse no portal de transparencia do Concello, onde durante 15 días hábiles se poderan facer achegas. Unha vez superado este trámite continuarase co traballo administrativo ata a súa presentación para a aprobación do Pleno e, de saír adiante, convocarase a primeira sesión do consello, onde terán representación tamén todos os membros da Corporación municipal e que se reunirá de xeito ordinario cada 6 meses, "pero tamén poderá haber convocatorias extraordinarias", puntualizou Rozas.
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- Estrella Galicia lanza la canción del verano: así suena el tema compuesto por un popular artista compostelano
- El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
- La residencia de estudiantes del viejo hospital de Galeras costará unos 900 euros al mes
- La heredera de Rosario Porto cerró la venta del chalé de Teo en 150.000 euros
- A residencia de estudantes do antigo hospital de Galeras funcionará como hotel durante o verán
- La odisea de alquilar un piso para dormir durante O Son do Camiño: "Es imposible encontrar algo por menos de 1.200 euros
- La primera jornada de huelga de los trabajadores de Iberia en Lavacolla cancela al menos 14 vuelos