Desconvocada a folga do transporte de viaxeiros tras pactar os catro convenios provinciais

O pacto foi alcanzado este mércores despois de oito horas de reunión no Consello Galego de Relacións Laborais

Persoas subindo a un autobús urbano nunha parada do centro da capital galega.

Persoas subindo a un autobús urbano nunha parada do centro da capital galega. / Jesús Prieto

E.P.

A folga convocada por CIG, CC.OO. e UGT para este xoves e venres no sector do transporte de viaxeiros foi finalmente desconvocada despois de que as partes alcanzasen un acordo sobre o marco de cuestións a negociar para a renovación dos catro convenios provinciais.

O pacto foi alcanzado este mércores despois de oito horas de reunión no Consello Galego de Relacións Laborais, segundo confirmaron a Europa Press fontes sindicais e empresariais, que volverán atoparse o próximo día 2 para retomar as conversacións.

Queda así finalmente desconvocada a folga de 48 horas á que estaban chamados os traballadores do transporte interurbano, o metropolitano, aos servizos escolares e a cercanías, así como ao urbano de Santiago e Lugo, onde se rexen polos convenios provinciais.

O acordo só supón a suspensión da convocatoria de folga desta semana. Os sindicatos manteñen a súa intención de ir un parón indefinido a partir do 8 de maio se a patronal non actualiza os convenios con melloras salariais.