Síguenos en redes sociales:

Unha carreira “perrestre” para recadar fondos para o refuxio de Bando

Unha carreira “perrestre” para recadar fondos para o refuxio de Bando

O candidato do Partido Popular (PP) á alcaldía de Santiago, Borja Verea, visitou onte o Refuxio de Animais de Bando e anunciou unha serie de medidas relacionadas cos animais de compañía e co apoio a Bando. Unha destas propostas é a organización dunha carreira solidaria, 'A Perrestre', na que competirán donos e mascotas e cuxa recadación se destinará ao refuxio. En relación co mesmo espazo, promoverase o voluntariado en determinadas épocas, cando aumentan os abandonos, e formarase voluntariado especializado que non requira de supervisión. Segundo o Regiac (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía), en Compostela hai 17.327 cans e 1.424 gatos. Á vista das cifras, Verea anunciou que creará un parque canino en cada barrio e mellorará os existentes. Outra das medidas é a de establecer convenios coa hostalaría e co comercio para facilitar o acceso dos cans aos locais, identificando éstes cunha etiqueta “Amigable coas mascotas”, e creará unha guía 'PetFriendly' para darlle difusión a cales son eses locais. Canto á urbanidade dos propietarios de mascotas, Verea tamén destacou, “fomentaremos unha tenza responsable esixindo a limpeza dos espazos públicos recollendo as deposicións”.

Pulsa para ver más contenido para ti