Unha tese da USC descobre que a primeira muiñeira con notación musical é de 1786
O investigador Julio Alonso Monteagudo constata que foi un “elemento identitario” da Galicia do século XIX
O seu antecedente máis directo: un baile chamado gaita galega
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época. Así o recolle o investigador da USC Julio Alonso Monteagudo na súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’. Neste traballo consegue datar no Nadal de 1786 a primeira muiñeira con notación musical, asinada por Melchor López, mestre da capela da catedral compostelá. Ademais, descobre que a referencia máis antiga á muiñeira aparece “nun texto de 1745 de frei Martín Sarmiento”.
Julio Alonso, que comezou a traballar no aspecto máis humano e social da música da man do antropólogo Marcial Gondar, concluíu a súa tese baixo a dirección da tamén antropóloga Nieves Herrero. Nas súas pescudas confirmou que a evolución política do provincialismo e do rexionalismo, como antecedentes do nacionalismo no século XIX, levou a unha busca de elementos que conformasen a identidade galega e á formación dun canon da música galega que se basea “nunha escolla, na recuperación da música tradicional, folclórica”. É nese momento cando a muiñeira é considerada como un símbolo de Galicia.
O seu antecedente directo era “un baile chamado gaita galega”, que non se interpretaba necesariamente co instrumento do mesmo nome, e que “desde o século XVII circulaba pola Península Ibérica”. Alonso lembra que no século XVII son coñecidas e interpretadas “pezas populares coma as jácaras, as chaconas ou os canarios” e é a partir desa época cando os bailes cortesáns incorporan bailes populares coma eses, no caso de Galicia as pezas chamadas gaitas, que aparecen nos libros de composicións para guitarra, a cal era “o instrumento máis popular” e que se tocaba “mesmo nas barberías”.
A popularidade da composición denominada galega fai que se incorpore tamén ás pezas teatrais, de xeito que “cando saía o personaxe galego soaba a gaita, interpretada con guitarra” e o público sabía que estaba a ver un personaxe de orixe galega, “frecuentemente un personaxe cómico, que cando sae á escena crea confusión”. No ámbito relixioso a gaita galega “entra nos vilancicos, un xénero que non era só para o Nadal, tamén para as festas”, aínda que neste caso o carácter cambia: “o personaxe galego pasa a ser honesto e honrado, por exemplo un pastor humilde, traballador e esforzado”.
- Estrella Galicia lanza la canción del verano: así suena el tema compuesto por un popular artista compostelano
- Casi un año esperando licencia en Santiago para instalar un ascensor y aislar la fachada: “É unha vergoña”
- Vecinos de Conxo acuden a la Fiscalía para frenar la senda entre San Caetano y Milladoiro
- Solo 15 edificios de más de 50 años han pasado la ‘ITV’ obligatoria en Santiago con el plazo a punto de vencer
- A residencia de estudantes do antigo hospital de Galeras funcionará como hotel durante o verán
- Asesinato en el San Serapio de Conxo: un ajuste de cuentas por la venta de droga adulterada terminó con una trágica muerte
- Mestrelab estrena a finales de septiembre su centro de investigación de Santiago
- Trabajadores de Finsa cortan la carretera de A Coruña delante de la fábrica para exigir 'un convenio justo