Síguenos en redes sociales:

A piscina Fontes do Sar estará dispoñible en formato estival a partir do día 1 de xuño

Durante o verán deixará de estar climatizada e manterase temporalmente o servizo de sauna e baño de vapor.

A piscina Fontes do Sar estará dispoñible en formato estival a partir do día 1 de xuñoECG

A piscina Fontes do Sar comezará co seu formato estival co inicio do próximo mes de xuño. Dende o día 1 os abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel, xunto cos usuarios diarios, poderán gozar das instalacións que irán adaptándose en función das condicións meteorolóxicas.

Durante o verán a piscina deixará de estar climatizada e as instalacións manterán temporalmente o servizo de sauna e baño de vapor.

O seu horario de apertura será de luns a domingo de 11h. a 21h. e dende o complexo lembran que os abonados poden ir indistintamente a Sar e a Santa Isabel.

TARIFAS PISCINA VERÁN

  • De 3 a 6 anos............2,30 €
  • De 7 a 16 anos..........2,76 €
  • Adultos......................4,18 €
  • 3ª Idade.....................2,30 €

Podes consultar todas as tarifas no seguinte enlace: https://www.multiusos.net/informacion/prezos/

Pulsa para ver más contenido para ti