Aberto ata o 8 de xuño o prazo para solicitar bolsas de iniciación á investigación nos centros singulares da USC
As bolsas terán un mes de duración e teñen como obxectivo atraer estudantado interesado en realizar prácticas extracurriculares no marco dun proxecto
Os centros singulares de investigación da USC en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), así como o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta de Galicia, acaban de convocar bolsas de verán para a iniciación á investigación e atraer estudantado interesado en realizar prácticas formativas extracurriculares no marco dun proxecto.
As persoas beneficiarias adquirirán coñecementos e destrezas na área temática do seu proxecto e, así mesmo, participarán nas actividades científicas do centro correspondente.
As bolsas terán unha duración dun mes e están dotadas dunha axuda xeral, así como dunha axuda específica para gastos de desprazamento para alumnado residente fóra de Santiago.
As persoas solicitantes deberán cumprir os requirimentos de titulación establecidos na convocatoria e posuír unha nota media mínima de 8 sobre 10, alén de ter superado polo menos o 55% dos créditos da titulación.
La USC llega a un acuerdo con el comprador que permitirá rehabilitar el hospital de Galeras
O expediente abranguerá o 70% da valoración obtida, xunto co currículo (20%) e a carta de presentación (10%). O prazo de presentación de solicitudes a través da sede electrónica pode formalizarse ata o 8 de xuño.
En total, ofértanse 14 bolsas para o CiMUS, 15 para o CiQUS, 14 no CiTIUS e 10 bolsas no IGFAE. Esta é unha actividade financiada polo Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a USC para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i (2023).
Temas
Más en Santiago
-
El colegio La Inmaculada, de los hermanos La Salle de Santiago, celebra su centenario
-
Axenda cultural: ¿Que facer hoxe, domingo 5 de maio, en Santiago?
-
Piden nueve años de cárcel para un hombre acusado de violar a su expareja en Santiago
-
Moonoff, la firma que nació en un garaje de Santiago y ahora ilumina tres continentes