Motivación do talento galego na Maker Faire na Cidade da Cultura

O conselleiro con algúns dos participantes na Make Faire Galicia

O conselleiro con algúns dos participantes na Make Faire Galicia / XUNTA

ECG

“O futuro pasa polo talento e pola innovación, e que ese talento e esa innovación poidan impregnar todo o ecosistema que temos en Galicia, foi o desexo do conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, na súa intervención nas xornadas de industria da Maker Faire Galicia, que celebra na Cidade da Cultura a súa novena edición.

Tras poñer de relevo o papel dos makers na transformación dixital e sustentable de Galicia, resaltou que a celebración da Maker Faire contribúe a motivar o talento galego, destacando a importancia da participación neste encontro de “empresas tractoras, alumnos de formación profesional e xente que xa ten a súa iniciativa e está intentando achegar solucións innovadoras”.

Apuntou que Galicia xa está traballando para aproveitar as oportunidades da dixitalización e da economía verde, aproveitando o marco que brindan os fondos europeos Next Generation para impulsar unha axenda de proxectos industriais onde é fundamental a colaboración e o diálogo entre a administración e a iniciativa privada.