Síguenos en redes sociales:

“Acompañamos a unas 15 personas en la ciudad, muchas de ellas en Vite y la mayoría mujeres en soledad total”

“Acompañamos a unas 15 personas en la ciudad, muchas de ellas en Vite y la mayoría mujeres en soledad total”Asdegal

Teresa Berbel, vicepresidenta deAsdegal(Asociación Solidaria de Galicia) e responsable das áreas de Santiago e da Coruña da asociación, falou con El CORREO do programa desta ONG (Organización Non Gobernamental) en canto a acompañamento de persoas que viven soas, unha tarefa que se fai a domicilio e en residencias e para a que traballan en colaboración cos Servizos Sociais de cada cidade.

“En este momento hacemos bastante acompañamiento en el barrio de Vite, hay muchas mujeres que viven en soledad total”. Berbel cita casos de mulleres con algún tipo de disfunción, como pode ser a cegueira, ou aquelas que viven en pisos “que no tienen ascensor, por lo que a veces no pueden ni salir”. Segundo conta a responsable da área de Santiago, na actualidade están a colaborar con arredor dunha quincena de persoas que viven soas en Compostela.

Unha destas voluntarias para o acompañamento é Loli Ramos, que explica que visita xente maior e vai con esas persoas ás citas médicas “ou vou cos novos voluntarios para presentarlle aos usuarios”. Ramos destaca que non se trata de substituír un profesional, se non sinxelamente “compartir, crear unha relación bonita”.

Preguntada polo deterioro cognitivo que pode chegar a padecer a xente que vive esta soiedade non desexada, Teresa Berbel explica que “más que ese problema lo que encontramos es a personas en un estado psicoemocional muy deteriorado por la ausencia de contacto y de cualquier comunicación con el mundo”, explica.

As tarefas da xente voluntaria, sinala a vicepresidente de Asdegal, van dende simplemente acompañar até sacalos a pasear, ou saír a facerlles os recados. “En la primera visita ya notamos un cambio que se produce de manera muy rápida y se genera un vínculo casi familiar”.

Pero Teresa Berbel tamén explica que chegar aí non é sinxelo porque “la gente mayor no reconoce que es mayor y tampoco que está sola”, recalca, “y no es sencillo que quieran que alguien desconocido vaya a su casa”. Por iso, afirma, traballan en coordinación cos Servizos Sociais, coa plataforma Haces falta e coa área de voluntariado da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Pulsa para ver más contenido para ti