Fran Sieira, coreógrafo: "Amosamos unha visión da saúde mental optimista"
A súa compañía de danza propón hoxe en Santiago de Compostela Coreografías dun DeMente, dentro do Festival C, con entrada libre ás 20.00 horas no cemiterio de Bonaval
A peza fala de experiencias propias e familiares

A compañía de danza de Fran Sieira, en primeiro termo, actúa este luns en Bonaval dentro de Festival C / cedida

A compañía de danza de Fran Sieira propón este luns en Santiago un espectáculo valente ata dicir basta, Coreografías dun DeMente, onde falan de saúde mental pero cunha actitude positiva e unha posta en escena artellada logo de moito traballo de documentación e tamén de ollar cara ao interior para dar saída a experiencias propias. É unha proposta do Festival C, organizado polo Auditorio de Galicia e Compostela Cultura. Un elenco que compoñen André Adrio, Cristina Canosa, Martín Mondragón, Artur Puga, Patricia Sánchez, Aída Tarrio e Sieira desafía os prexuízos ás 20 horas deste luns no cemiterio de Bonavanl con entrada libre, dentro do programa de Danza a Escena.
“É unha adaptación dunha peza máis grande que se chama Demente, que fala de saúde mental e dos prexuízos sobre as persoas que teñen algún tipo de trastorno de saúde mental. No caso do traballo que imos amosar en Santiago é unha coreografía de 30 minutos para facer a pé de rúa ou en espazos non convencionais como pode ser o cemiterio de Bonaval, e onde concentramos as principais coreografías grupais do espectáculo en formato grande. Somos un elenco de sete persoas con música de Cristian Silva e vestiario de Carlos Alonso”, sinala Fran Sieira en conversa con EL CORREO GALLEGO nun verán onde ven de facer o pregón das festas da súa terra, Riveira.
“O público empatiza moito con esta proposta porque, hoxe en día, a saúde mental é unha cuestión que a todo o mundo nos toca de cerca. Di a OMS (Organización Mundial da Saúde) que unha de cada catro persoas vai sentir nalgún intre da súa vida que padece algún tipo de trastorno mental, e todo o mundo temos exemplos próximos diso. De feito, por iso mesmo creei esta peza falando de experiencias propias e de experiencias familiares”, explica Fran antes de salientar a boa resposta que atopan na andaina deste espectáculo.
“O feedback é moi bo porque é unha peza que remove, onde todo o mundo se sente reflectido pero á vez é unha peza que non che deixa mal corpo porque amosamos unha visión da saúde mental optimista, onde a persoa que está afectada por algún trastorno deste tipo ten dereito a ter a súa vida, as súas amizades, os seus amores, e a nosa proposta remata cun halo de optimismo que é fermoso porque fai que non se vexa sempre como algo con medo ou algo onde te pos a ollar cara a outro lado xa que na sociedade cústanos tratar estes temas”.
A creación desta peza da compañía Fran Sieira tivo lugar en plenas datas da pandemia. “Fixemos entrevistas con psiquiatras, psicólogos e distintas asociacións que traballan no eido da saúde mental e nos abriron os ollos sobre a situación de hoxe en día e sobre cales son as súas historias cando non hai tanto tempo unha persoa que padecese dalgo diso era alguén que vivía case pechada e... agora estase a traballar para dar visibilidade a iso e atopar unha normalidade, dito entre comiñas. E foi un traballo de documentación amplo, despois a dirección artística é de Carla Diego Luque, bailarina, coreógrafa e psicóloga catalá, entón... sempre intentamos facer cada paso cunha sensibilidade especial por estar ante un tema delicado de tratar. Logo desa fase de recoller información e documentación, xa cando algunha psicóloga e psiquiatra estivo vindo a peza deunos un feedback moi bo do que atoparon en escena”, salienta Sieira.
A linguaxe de Coreografías dun DeMente é o da danza tradicional, mundo natural de Fran, que medrou na escola do grupo de baile e música tradicional Tahúme antes de progresar noutras andainas en compañías profesionais como GS21, Quique Peón e Cía e Nova Galega de Danza, antes de crear a súa propia compañía en 2017.
“En Coreografías dun DeMente facemos da danza tradicional pero dentro dun marco máis contemporáneo. Empregamos o movemento do baile tradicional galego como un mecanismo de expresión para falar, neste caso, de patoloxías e trastornos que pode padecer algún tipo de persoa nalgún intre da súa vida”, indica.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión