O Concello ofrece unha parcela para crear un Conservatorio de Danza

Conservatorio Profesional de Música

Conservatorio Profesional de Música / ECG

Redacción

O Concello mostra o seu apoio á creación do Conservatorio de Danza na cidade. Así o trasmitiron a alcalde e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, nunha reunión con representantes da Plataforma Conservatorio de Danza en Compostela. Durante o encontro, ofrecéronse incluso a ceder á Xunta unha parcela de 1.000 metros próxima ao Conservatorio Profesional de Música para a súa construción, que estaría situada a carón do aparcadoiro da Altiboia e moi preto do Conservatorio Profesional de Música. Tras o encontro, a concelleira Mercedes Rosón salientou a importancia de situar estes dous centros na mesma área xeográfica, xa que permitiría “lograr a sinerxia entre os dous conservatorios”, que incrementaría o peso cultural de Santiago ao dar cabida a unha disciplina tan demandada.