O PP de Santiago esixe explicacións ao BNG polo "incumprimento" do prego da concesionaria da basura

Para Adrián Villa “é incomprensible que máis dun anos despois da posta en marcha do novo contrato sigan sen estar a disposición os medios que obrigaba a licitación e que o goberno non contemple ningún tipo de penalización por incumprimento de contrato”.

Contenedores de basura situados en las inmediaciones de la Catedral, en pleno casco histórico de Santiago

Contenedores de basura situados en las inmediaciones de la Catedral, en pleno casco histórico de Santiago / J. Prieto

Redacción

Os concelleiros del PP Adrián Villa e Olaya Otero recibiron esta semana aos membros do comité de empresa da concesionaria da recollida e xestión do lixo en Santiago de Compostela, encabezados polo seu presidente, Ricardo Méndez. Os 'populares' interesáronse así pola situación dos traballadores logo de coñecer, a pasada semana, que houbo un parón a causa do incumprimento no convenio de rotacións e no servizo de recollida.

Os edís manifestaron así a súa preocupación pola "falta de maquinaria e materiais que figuran no contrato" que o Concello e a empresa concesionaria asinaron a finais do mes de febreiro de 2022. Adrián Villa afirmou que “estamos ante o contrato dun servizo fundamental para a cidade polo que, tan só ano e medio despois da súa sinatura, non é razoable que provoque problemas para a correcta recollida dos residuos”.

Desde o comité de empresa púxose de manifesto a falta de persoal pero, sobre todo, a falta dos camións de recollida comprometidos, sen os cales a recollida é máis complicada ao non haber unha adaptación entre os vehículos e os novos colectores. Neste senso, denunciou Villa, “é incomprensible que máis dun ano despois da posta en marcha do novo contrato sigan sen estar a disposición os medios que obrigaba a licitación e que o goberno non contemple ningún tipo de penalización por incumprimento de contrato”. Así o concelleiro destacou que “estamos a falar dun total de 25 cinco vehículos” que se reparten en 5 de carga traseira e doce de carga lateral, ademais de dúas barredoras de calzada, dúas cisternas grandes e catro baldeadoras eléctricas, e sinalou que “non é que falten un ou dous por entregar, faltan todos e aquí non pasa nada”.

Nestes días o comité tamén celebrou unha reunión no Pazo de Raxoi, coa presenza do concelleiro de Medio Ambiente e doutros dous edís do goberno. Villa aproveitou para lembrar que “a alcaldesa non estaba presente nesa reunión. Isto pon de manifesto a preocupación que ten. Pasotismo puro e duro”. O edil tamén criticou que, “logo de coñecerse o paro da pasada semana e coa cantidade de xente que hai na nosa cidade, é incrible que o goberno nacionalista pospoña a reunión para o mes de setembro”. “Un contrato de 100 millóns de euros non é unha cuestión menor. Xa pasou un prazo máis que suficiente para que o servicio se adapte ao contrato asinado”, indicou.