‘O corno’, segunda longametraxe de Jaione Camborda, inaugura o XX festival Curtocircuíto
O certame decorrerá entre o 3 e o 8 de outubro e a través de Cineclube Compostela renderá homenaxe ao actor e dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño
O festival Curtocircuíto chega un ano máis a Compostela, e xa van aló vinte, entre o 3 o 8 outubro coa estrea da segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, O corno, que se poderá ver no Teatro Principal antes da súa chegada ás salas de cine o día 11 dese mes. É a primeira longametraxe galega que compite na Sección Oficial do Festival de San Sebastián. “A elección de O corno para inaugurar o festival subliña o interese de Curtocircuíto por xerar un espazo de visibilidade para o cinema realizado en Galicia, aposta que se reflexa nas seccións para ao cinema galego: Planeta Gz, Supernova, a sección Terra, que este ano se dedicada a Arancha Brandón, ou #OutraCompostela".
No marco dos contidos de cinema galego da vixésima edición de Curtocircuíto presentada onte, cómpre destacar que Planeta GZ revela a potencia creadora que é Galicia cunha escolma de oito películas que, “cun nivel cinematográfico excepcional”, combina nomes consolidados como os de Enar de Dios, Helena Girón, Ángel Santos e Xacio Baño cos de Borja Santomé ou Anxos Fazáns, novos cineastas que “son moito máis que unha promesa”. A selección presenta achegamentos heterodoxos á paisaxe que van dende o drama ao romanticismo do western Ulises de Felix Brisel ou o ensaio cientificista Ecotone (Enar de Dios) pasando pola experimentación sensorial de Bloom (Helena Girón e Samuel Delgado) ou a poética de Devociones (María Serna e Ángel Montero).
Tamén haberá filmes arredor da maternidade, do fogar e dos conflitos internos (Non te vexo, de Xacio Baño, Habitar de Anxos Fazáns e Ruovesi de Andrea Zapata-Girau). Tamén se proxectará a animación Alguén me chamou Serpe Negra de Borja Santomé, e filmes xeneracionais como Alicia fai cousas, no que Ángel Santos volve afondar nos dilemas que afectan á mocidade.
Nesta edición, a protagonista da sesión especial ‘Terra’ será Arancha Brandón, artista visual galega e fotógrafa procedente da Guarda, un dos novos talentos máis destacados do panorama galego. Mentres na programación paralela, Curocircuito x Cineclube Compostela o protagonista será o desaparecido dramaturgo e actor Roberto Vidal Bolaño, nado no barrio de Vista Alegre, “persoeiro fundamental das rúas de Compostela e axente cultural e social imprescindible da cidade na segunda metade do século XX”.
Temas
Más en Santiago
-
¿Cómo se ha llegado a los retrasos de los pacientes oncológicos en el CHUS?
-
La Xunta amplía desde este lunes las rutas de autobús entre Vigo y el aeropuerto de Santiago
-
Día de los Museos en Santiago: música, talleres y visitas guiadas gratuitas
-
Miqui Otero: “En esta novela que presento en Santiago, la narradora es la música”